APEC
¿Que é APEC?
Localización
Organigrama
AS NOSAS ACTIVIDADES
CONTACTO
APEC > ¿Que é APEC?
A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DA CONSTRUCIÓN DE PONTEVEDRA (APEC)

Desde 1977, APEC representa os intereses da Construción na provincia de Pontevedra e como entidade membro da Confederación Nacional da Construción, ten a capacidade de facer valer os ditos intereses en todo o territorio do Estado Español.

A nosa Asociación, é interlocutora directa do Sector ante todas as administracións públicas cuxo ámbito de actuación alcanza á nosa provincia, representando ás súas Empresas ante elas.

APEC ten a responsabilidade de negociar coas organizacións sindicais máis representativas, o Convenio Colectivo Provincial, o cal resulta de aplicación directa para regular as relacións laborais en máis de 4.000 empresas que dan emprego a un número superior a 40.000 traballadores.

A Formación de traballadores e empresarios, especialmente en materia de Prevención de Riscos Laborais, é a máxima prioridade de APEC tal e como reflicten os datos correspondentes ao último quinquenio: 374 cursos impartidos, 6.688 alumnos formados e 497.000 horas lectivas.

No seu permanente compromiso de servizo ás súas Empresas Asociadas, a nosa organización mantenas puntualmente informadas das noticias que poidan resultar de interese para elas: Novidades normativas, información de obras públicas, subvencións, ferias, etc. Esta información, compleméntase co experto asesoramiento que todos os nosos asociados poden recibir sen custo algún, por profesionais de recoñecido prestixio en normativa laboral, fiscal e técnica.

Os Asociados da APEC, tamén benifícianse de ofertas especiais para a contratación de productos e servizos que as empresas necesitan na súa actividade produtiva: seguros, avais, recoñecementos médicos dos traballadores, auditoría e homologación de maquinaria, desenvolvementos web, equipamento informático, cartelería, rotulación, imaxe corporativa etc.
Aviso legal  |  Créditos    
Rúa Real, 16      36202 VIGO - Pontevedra      Tel. 986 224 705      apecpo@apecpo.es            
castellano | galego | english